| Obradoiro: “A Arte da Seducción” |
|
|
| Luns, 05 Decembro 2011 09:19 |
|
Obradoiro: “A Arte da Seducción” O Centro Quérote+ de Ourense , dependente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, organiza o mércores 14 de decembro, de 11:30 a 13:30, un Obradoiro gratuito sobre as relacións interpersoais, de carácter lúdico e participativo, na que se abordarán as distintas estratexias para relacionarnos cos/coas demais, a importancia dunha autoimaxe positiva e a confianza en nós mesmos/as. Se tes entre 18 e 30 anos e queres asistir, podes anotarte nos seguintes correos: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben pasándote polo Quérote +, en horario de 09:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 Mais Información: Teléfono 988 23 14 70 QUÉROTE +. ESPAZO XOVE (CASA DA XUVENTUDE) OURENSE. Rúa Celso Emilio Ferreiro 27 |





