|
Curso de Iniciación á Ornitoloxía |
|
|
|
Mercores, 05 Outubro 2011 08:04 |
|
Alvarella organiza o 12 e 13 de Novembro de 2011 un curso de iniciación á Ornitoloxía. A finalidade deste curso é espertar a curiosidade sobre a vida das aves que, como a maioría dos elementos que conforman a Natureza, seguen a ser grandes descoñecidas. Obxectivos: • Fomentar o respeto pola Natureza, convivindo con ela activamente. • Desenvolver actitudes mediambientais, valorando e respetando o contorno no que vive. • Facer realidade unha aprendizaxe activa en base á observación e experimentación. • Achegar ós participantes o mundo da Ornitoloxía e aprender a identificar as principais especies de aves do noso contorno. • Facilitar a organización de recunchos para o estudio e observación das aves. Este curso será eminentemente práctico, alternando a parte teórica coas diferentes saídas ó campo e obradoiros que se realizarán ao longo do mesmo. O curso relizarase durante unha fin de semana, comenzando o sábado pola mañá ata o domingo pola tarde. As persoas que o desexen poderían cear e pernoctar en Alvarella a noite do venres. Prezo: 50 €. O prezo inclúe a asistencia ás dúas xornadas do curso coa documentación e material correspondentes, así como o aloxamento e pensión completa. Os/As participantes deberán vir provistos de calzado e roupa cómodas para as saídas ó campo. Ademáis deben traer uns prismáticos. As persoas que desexen cear e pernoctar en Alvarella o venres 13 terán que pagar un suplemento de 10 €. Máis información: teléfonos: 648 925 134 - 981 784 563 www.alvarella.com
|