Cursos de lingua galega nos centros galegos do exterior PDF Imprimir
Mercores, 13 Xullo 2011 07:10

celga1A Secretaría Xeral da Emigración convoca cursos preparatorios de lingua galega para os niveis Celga e de extensión cultural, que se realizarán nos centros galegos do exterior e nas cidades onde exista unha importante demanda no coñecemento da lingua galega.
Os cursos convocados son os seguintes:

a) Cursos de lingua galega preparatorios para as probas Celga e de extensión cultural, dirixidos aos centros galegos radicados fóra de Galicia interesados no coñecemento da lingua e cultura galega.
b) Galego na túa cidade. Cursos de lingua galega preparatorios para as probas Celga, dirixidos a persoas residentes no exterior que estean interesadas no coñecemento da lingua galega.
c) Cursos en liña. Cursos preparatorios para as probas Celga nivel 1, impartidos a través da rede e convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través da súa páxina web www.xunta.es/linguagalega

Estes cursos van dirixidos, preferentemente, aos galegos residentes no exterior e aos seus descendentes, aínda que poderán participar tamén outras persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia.
O número mínimo de asistentes para cada curso será de 20 persoas e o máximo de 30.
Os cursos terán unha duración de 75 horas.
O prazo de presentación de solicitudes para as modalidades de cursos presenciais estará aberto ata o 31 de marzo de 2012. Os cursos que rematen no ano 2011 finalizarán antes do 15 de decembro e os que rematen no ano 2012 finalizarán antes do 1 de xullo dese ano.
Máis información no DOG do 13 de xullo de 2011 e en www.galiciaaberta.com

 

 

Ir atrás    Ir arriba