|
As ensinanzas de formación profesional a distancia caracterízanse pola flexibilidade, de xeito que lles permitan ás persoas adultas a posibilidade de combinaren o estudo e a formación coa actividade laboral, coas cargas familiares ou con outras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais. Obxectivos Favorecer a formación ao longo de toda a vida, acomodándose ás expectativas e ás situacións persoais e profesionais, incluíndo o uso das tecnoloxías da información e da comunicación. Ofrecerlles ás persoas adultas a oportunidade de accederen ás ensinanzas de formación profesional. Persoas destinatarias As persoas adultas, especialmente as que teñan acreditada experiencia profesional, preferentemente nun sector produtivo directamente relacionado co ciclo formativo. Recoméndase posuír coñecementos básicos de uso do computador persoal e de internet (navegar en páxinas web, correo electrónico, etc.) Condicions de acceso Ter cumpridos dezaoito anos ou cumprilos no ano natural en que comece o curso escolar (excepcionalmente, persoas maiores de dezaseis anos que teñan un contrato laboral, ou que sexan deportistas de alto rendemento). Posuír o título de graduado en ESO ou equivalente (para ciclos formativos de grao medio), ou o título de Bacharelato ou equivalente (para os ciclos formativos grado superior). Ter superada a proba de acceso a ciclos formativos de FP de grao medio ou de grao superior, segundo o caso. Malia o anterior, as persoas adultas que non cumpran os requisitos anteriores poderán cursar ofertas de módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, sempre que teñan acreditada unha experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo que se desexe cursar.
Oferta:
A Coruña
CIFP Ánxel Casal - Monte Alto Tel. 981 210 112 Grao medio: Emerxencias sanitarias Módulos autorizados: Anatomofisioloxía e patoloxía básicas Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia Atención sanitaria especial en situacións de emerxencia Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia Dotación sanitaria Empresa e iniciativa emprendedora Evacuación e traslado de pacientes Formación e orientación laboral Loxística sanitaria en emerxencias Mantemento mecánico preventivo do vehículo Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles Teleemerxencias
Farmacia e parafarmacia Módulos autorizados: Anatomofisioloxía e patoloxía básicas Dispensación de produtos farmacéuticos Disposición e venda de produtos Formación e orientación laboral Formulación maxistral Operacións básicas de laboratorio
Grao superior: Educación infantil Módulos autorizados: Autonomía persoal e saúde infantil Desenvolvemento cognitivo e motor Desenvolvemento socioafectivo Didáctica da educación infantil Empresa e iniciativa emprendedora Expresión e comunicación Formación e orientación laboral Habilidades sociais Intervención con familias e atención a menores en risco social O xogo infantil e a súa metodoloxía Primeiros auxilios
Santiago de Compostela
CIFP Politécnico de Santiago Tel. 981522 062 Grao medio: Instalacións eléctricas e automáticas Módulos autorizados: Automatismos industriais Electrónica Electrotecnia Empresa e iniciativa emprendedora Formación e orientación laboral Infraestruturas comúns de telecomunicacións en vivendas e edificios Instalacións domóticas Instalacións solares fotovoltaicas
IES San Clemente Tel. 981 580 496 Grao superior: Administración de sistemas informáticos en rede Módulos autorizados: Formación e orientación laboral Fundamentos de hardware Implantación de sistemas operativos Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información Planificación e administración de redes Xestión de bases de datos
Lugo
IES Politécnico de Lugo Tel. 982 220 328 Grao medio: Farmacia e parafarmacia Módulos autorizados: Anatomofisioloxía e patoloxía básicas Dispensación de produtos farmacéuticos Disposición e venda de produtos Formación e orientación laboral Formulación maxistral Operacións básicas de laboratorio
Ourense
IES Portovello Tel. 988 232 649 Grao superio: Educación infantil Módulos autorizados: Desenvolvemento cognitivo e motor Didáctica da educación infantil Expresión e comunicación Formación e orientación laboral O xogo infantil e a súa metodoloxía
Pontevedra
IES A Xunqueira Tel. 986 873 003 Grao superior: Educación infantil Módulos autorizados: Desenvolvemento cognitivo e motor Didáctica da educación infantil Expresión e comunicación Formación e orientación laboral O xogo infantil e a súa metodoloxía
Vigo
IES Manuel Antonio Tel. 986 273 800 Grao superior: Laboratorio de análise e de control de calidade Módulos autorizados: Análises químicas Ensaios fisicoquímicos Ensaios microbiolóxicos Formación e orientación laboral Mostraxe e preparación da mostra
IES Ricardo Mella Tel. 986 253 711 Grao medio: Emerxencias sanitarias Módulos autorizados: Anatomofisioloxía e patoloxía básicas Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia Dotación sanitaria Formación e orientación laboral Loxística sanitaria en emerxencias Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles Teleemerxencias
Máis información en www.edu.xunta.es/fp
|