Curso de Monitor/a de Tempo Libre para Baiona PDF Imprimir
Xoves, 02 Xuño 2011 12:21
A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Baiona organiza un Curso de Monitor/a de Tempo libre.
O curso está homologado, e consta dun total de 350h; 200 h. teóricas e 150 h. prácticas que se realizarán en diferentes entidades e empresas do ámbito do tempo libre.
As clases teóricas terán lugar dende o 4 de xullo ata o 31 de agosto de 2011, en horario de luns a venres de 9 a 14 h.
Poderán participar nesta acción formativa a mocidade entre 18 e 35 anos e que ademáis teñan o título da ESO, graduado escolar ou equivalente .
O curso dispoñe dun total de 25 plazas, e está subvencionado pola FEMP e o INJUVE, e o prazo de inscrición está aberto durante todo o mes de xuño.
O prezo do curso é de 125 €.
Máis información e inscripcións na OMIX do Concello de Baiona, ou no teléfono 986385925.
 

 

Ir atrás    Ir arriba