|
XGN celebrarase en Santiago do 15 ao 17 de abril |
|
|
|
Martes, 22 Febreiro 2011 15:36 |
|
O encontro informático Xuventude Galicia Net xa ten datas de celebración. Será en Santiago entre o 15 e o 17 de abril é decir, que se fará na fin de semana anterior á Semana Santa, como ven sendo habitual nos últimos anos. Pouco se pode adiantar ata o de agora do programa da Party 2011, pero si que contará con novidades moi interesantes relacionadas coas últimas tendencias e tecnoloxía dixital. Dentro de poucas semanas habilitarase a páxina oficial deste evento e o xeito de anotarse.
|