| O Centro Superior de Hostalería de Galicia ofrece 16 bolsas de estudo para o vindeiro curso académico 2010/2011 |
|
|
| Venres, 25 Xuño 2010 10:06 |
O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, acaba de sacar a súa nova convocatoria de bolsas de estudos para os alumnos que se matriculan por primeira vez no curso 2010-11 en calquera das súas titulacións. En total son 16 bolsas que cubrirán os gastos de matrícula e docencia (quedan excluídos os gastos de manutención e aloxamento). A cantidade ascende a 5.325 €, que se restará do custo do curso (6.325 €, en réxime externo, e 9.795 €, en réxime interno). Cubre o 85% do prezo dun alumno externo e un 65% dun interno. O prazo para solicitar está aberto e remata o próximo 15 de xullo. As bases e o formulario de solicitude pódense baixar de Internet na páxina web www.cshg.es.Das 16 bolsas, sete son para expedientes académicos sobresaíntes (con expedientes por riba do 8) e nove son bolsas normais (na súa concesión tense en conta os ingresos nun 60 % e as notas nun 40 %). Por titulacións, para o Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras concederanse 11 bolsas, tres para o Certificado de Elaboración e Xestión de Cociña e dúas (de excelencia académica) para o Gran Diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hostaleiras. Os novos alumnos de Diploma e Certificado saberán se lle conceden a bolsa o 8 de setembro, xusto antes do período de matrícula no CSHG. Os de Gran Diploma, saberano o 13 de agosto. Só poden solicitar bolsa os candidatos que se matriculen no primeiro curso de Diploma, Gran Diploma e Certificado de Cociña. Sempre que o alumno aprobe o curso, a axuda renovarase automaticamente nos seguintes cursos (tres en Diploma e dous en Gran Diploma e Certificado, respectivamente). Na actualidade, o CSHG ofrece bolsas de estudos para o 12% dos alumnos matriculados (a día de hoxe, hai case 400 no Centro). O obxectivo é facilitar o acceso aos estudantes con bo expediente académico, aptitudes e vocación cara o sector hostaleiro, sen que a situación económica da familia constitúa un impedimento. O Centro Superior de Hostelaría de Galicia (CSHG), integrado na Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, TURGALICIA, S.A., dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Consellería de Cultura e Turismo, vinculado á Universidade de Santiago de Compostela, iniciou o seu labor docente no 1994 co obxectivo de satisfacer unha demanda do sector turístico e da hostalería de Galicia. Na actualidade conta con 400 alumnos, futuros directivos hostaleiros e máis de 1.000 ex alumnos que traballan en establecementos hostaleiros de Galicia e de toda España, ademais de países como Francia, Inglaterra, Irlanda, Alemania, Suiza, Portugal, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Marrocos, Túnez, México, Santo Domingo e Cuba. |




O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, acaba de sacar a súa nova convocatoria de bolsas de estudos para os alumnos que se matriculan por primeira vez no curso 2010-11 en calquera das súas titulacións. En total son 16 bolsas que cubrirán os gastos de matrícula e docencia (quedan excluídos os gastos de manutención e aloxamento). A cantidade ascende a 5.325 €, que se restará do custo do curso (6.325 €, en réxime externo, e 9.795 €, en réxime interno). Cubre o 85% do prezo dun alumno externo e un 65% dun interno. O prazo para solicitar está aberto e remata o próximo 15 de xullo. As bases e o formulario de solicitude pódense baixar de Internet na páxina web www.cshg.es.