| Máis de cen mozos galegos melloraron a súa formación grazas ás bolsas de práticas do programa Leonardo da Vinci |
|
|
| Martes, 15 Xuño 2010 14:24 |
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, mantivo hoxe unha charla con estudantes sobre os proxectos europeos que está a por en marcha a Xunta e as conclusións do programa Leonardo 2009-2010A Consellería de Traballo e Benestar presentou ao Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos unha nova convocatoria de bolsas de prácticas para 2010-2011 que si se aproba poderá beneficiar a máis de 180 mozos Máis de cen mozos e mozas de Galicia melloraron a súa formación profesional grazas as bolsas de prácticas do programa Leonardo da Vinci que promoveu a Consellería de Traballo e Benestar en colaboración coa Asociación Cultural Ingalicia durante os anos 2009 e 2010. Así o expuxo hoxe o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, no transcurso dunha charla informativa que mantivo con mozos e mozas para explicarlles, entre outros temas, as conclusións desta iniciativa e os novos proxectos europeos que o seu departamento está a por en marcha na actualidade. Rodeiro sinalou que un total de 103 mozos e mozas beneficiáronse dos tres proxectos Leonardo da Vinci que xa remataron: EverGrenn, New Energy Agew (NEA) e International Work in Europe (IWE). As tres iniciativas ofertaron aos mozos e mozas participantes bolsas para desenvolver prácticas durante un período continuado de tres meses en empresas emprazadas en catro países europeos, Alemaña, República Checa, Italia e Portugal. O plan contou cunha inversión de máis de 300.000 euros cofinanciados pola Dirección Xeral de Xuventude e o Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (OAPEE). Cada unha das bolsas cubriron os gastos da viaxe e da manutención, aloxamento e un curso de preparación lingüística no idioma do país de destino. Ademais, a área autonómica encargouse de contactar coas empresas axeitadas ao perfil de cada mozo ou moza que se beneficiou do programa. As prácticas abarcaron nesta convocatoria os sectores das novas fontes de enerxía, turismo e mercado laboral europeo. Rodeiro destacou por unha banda que unha gran parte dos mozos recibiron ofertas laborais nos países nos que fixeron as prácticas e apuntou que agora mesmo están a traballar e, por outro lado, apuntou que outros atoparon un posto de traballo en España grazas os beneficios que obtiveron ao contar cun certificado de prácticas dunha empresa europea, un documento avalado ou ben pola propia compañía o pola Comisión Europea. Ademais, os mozos e mozas acadaron tamén un certificado de habilidades no idioma do país de destino. Así mesmo, o director xeral de Xuventude e Voluntariado resaltou que a Xunta está á espera de que o Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos aprobe as novas bolsas de prácticas presentadas para a convocatoria 2010-2011 do programa Leornardo Da Vinci. O proxecto solicitado polo Goberno galego está dirixido a 187 mozos e mozas titulados recentemente o que están a traballar nos sectores do moble e madeira, deseño, restauración, imaxe, informática, turismo, electricidade e mecánica. Rodeiro fixo fincapé na xuntanza en que os obxectivos que a Xunta persegue con esta iniciativa é que "ao mesmo tempo que os mozos perfeccionan un idioma comunitario, melloren as súas habilidades profesionais que se relacionan coa titulación de cada participante e aprendan a desenvolverse con soltura no mercado laboral europeo co fin de ampliar as súas posibilidades profesionais e persoais". Ademais de expoñer as conclusións do programa Leonardo da Vinci, o director xeral de Xuventude e Voluntariado indicou que na actualidade o departamento autonómico está a desenvolver Volangteer, o proxecto piloto de inmersión lingüístico-cultural de persoas estranxeiras que están en Galicia por traballo ou estudos, que rematará en novembro de 2010. Lembrou que a Universidade de Santiago colabora na execución do plan. Por último, na charla informativa presentouse a guía de Axudas e Programas da Unión Europea para mozos emprendedores, unha iniciativa que forma parte do proxecto 'Un espazo novo na axenda de Lisboa, Espazo Xuvenil'. Rodeiro recalcou que a través desta publicación o que se pretende é dar unha información "sinxela e sintética" da ampla variedade de programas e axudas que a UE oferta á mocidade. |




O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, mantivo hoxe unha charla con estudantes sobre os proxectos europeos que está a por en marcha a Xunta e as conclusións do programa Leonardo 2009-2010