Plan de Formación Continua do Tempo Libre Educativo 2010 PDF Imprimir
Xoves, 27 Maio 2010 12:40
O Programa de formación continua do tempo libre educativo oferta un catálogo de cursos ás persoas coa titulación de monitor/a e director/a de actividades de tempo libre, coa finalidade de mellorar a calidade da súa intervención coa infancia e a xuventude, en especial nas actividades campamentais de verán.  Descarga aquí o Plan de Formación.

Os cursos presentados son os seguintes:
  • Curso de iniciación ás habilidades de esvaramento sobre ondas: surf, bodyboard, paddleboard, kayaksurf, socorrismo acuático e reparación de material
  • Iniciación deportes náuticos do 29 marzo ao 4 de abril
  • Especialización piragüismo do 29 marzo ao 4 de abril
  • Especialización esquí náutico do 29 marzo ao 4 de abril
  • Especialización vela do 28 marzo ao 4 de abril
  • Recursos prácticos para a educación
  • Iniciación á escalada en rocódromo e iniciación ás técnicas campamentarias
  • Iniciación a técnicas artísticas
  • Ocio e tempo libre de calidade. Atención á diversidade

Normas de inscrición e participación
Estar en posesión do título de director/a ou monitor/a de actividades de tempo libre. No caso de non cubrirse as prazas, poderán participar persoas que non posúan a titulación requirida.
Cada persoa interesada unicamente poderá reservar unha praza por curso.

A reserva poderase facer a partir do 1 de marzo da seguinte forma:
• Chamando aos seguintes números de teléfono da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: 981 54 56 96 e 981 54 47 35
• Por correo electrónico ao seguinte enderezo de correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Unha vez feita a reserva, comunicaránselle ao/á interesado/a as instrucións para efectuar o pagamento.

Documentación que hai que achegar
• Xustificante do pagamento
• Fotocopia do DNI por ambas caras, ou autorización expresa para
a comprobación telemática do DNI
• Fotocopia da tarxeta sanitaria ou calquera outro seguro médico
• Fotocopia do título de director/a e/ou monitor/a de actividades de tempo libre (nº rexistro do título)

No caso de non presentar a documentación no prazo de 48 horas perderase o dereito á praza

Cota: os posuidores do Carné Xove (que debe acreditarse e estar vixente no momento do pagamento) terán un desconto do 25%

Devolución de Cotas
As taxas só se devolverán cando a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado anule o programa ou non preste o servizo

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999 de protección de datos persoais, a través dos datos recompilados no formulario da inscrición, prestarase o seu consentimento para o tratamento dos datos persoais facilitados, que serán incorporados a un ficheiro titularidade da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado inscrito no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos, cuxas finalidades son:

• Enviar toda información que xera a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
• Adxudicar prazas cando corresponda en relación con determinados programas da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
• Facilitar a comunicación entre os diferentes colectivos da mocidade galega e do ámbito do voluntariado coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Igualmente informamos que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición establecidos na dita lei mediante o envío por correo ordinario dunha solicitude por escrito, achegando fotocopia doseu DNI/pasaporte ou autorización para a súa comprobación telemática ao seguinte enderezo:

Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado / Edificio Administrativo San
Lázaro, 3º planta / 15781 Santiago de Compostela- A Coruña
 

 

Ir atrás    Ir arriba