| A Asociación Raíña Lupa organizou un intercambio con mozos de 5 países sobre a igualdade entre sexos |
|
|
| Xoves, 11 Febreiro 2010 11:49 |
|
O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, recibiu no Salón Nobre do Pazo de Raxoi aos participantes no intercambio xuvenil internacional organizado pola Asociación Cultural Raíña Lupa do Concello de Boqueixón do 8 ó 15 de xuño, dentro do programa Xuventude en Acción titulado 'Xuventude e Igualdade' Será una semana de proxecto no que participaron 30 mozos e mozas de organizacións de Rep. Checa, Eslovaquia, Suecia, Portugal e España. Este intercambio tivo como temática a Igualdade e para elo leváronse a cabo toda unha serie de actividades formativas e educativas: obradoiros de igualdade, cine forum ou postas en común de boas prácticas. Tamén houbo tempo para o intercambio cultural, e aproveitaron estes días para coñecer Boqueixón, o Pico Sacro, a cidade de Santiago de Compostela ou A Coruña. |




