• 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7

Novas e actividades

  1. Destacadas
  2. Actividades

Formación

  1. Cursos da DXXPV
  2. Cursos de Tempo Libre
  3. Outros cursos

Bolsas e axudas

  1. Convocatoria xeral
  2. Idiomas
  3. Formación práctica
  4. Mobilidade
  5. Outras

Premios e concursos

  1. Premios e concursos
  2. Exposicións, certames e concertos

 

Inscrición e reserva de praza:

A reserva das prazas comezará o día 23 de maio de 2017, ás 10:00 horas.

telefonoAs inscricións faranse chamando aos teléfonos da Consellería de Política Social 981 544 838 ou 981 957 115, en horario de 10.00 a 14.00 h de luns a venres (excepto o día de apertura do prazo).

 

Quen pode participar?

Mozos e mozas galegos/as residentes en Galicia que teñan a idade mínima especificada o día de comezo do campo de traballo e a idade máxima o día de remate do mesmo.

Prazos:

O prazo para a entrega da documentación (orixinal) é de 48 horas que empezará a contar a partir do día e hora de recepción do correo electrónico. Os lugares de presentación serán o rexistro da Consellería de Política Social, sito no edificio administrativo da Xunta de Galicia en San Lázaro en Santiago de Compostela, os rexistros das xefaturas territoriais da Consellería de Política Social ou calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, dentro deste mesmo prazo de 48 horas, deberase remitir, unha vez rexistrada,  unha copia de TODA a documentación ao correo electrónico camposdetraballo.xuventude@xunta.gal

Importante:

exclamacion De non adiantar por correo-e ou por fax, no prazo das 48 horas a documentación rexistrada, perderase o dereito a participar no campo de traballo asignado, quedando, polo tanto, liberada a praza.

Devolución da cota:

Só procederá a devolución da cota cando por causas non imputables ao interesado ou á interesada o servizo non se preste, cando se modifiquen sustancialmente as condición do campo de traballo ou cando a administración anule a actividade.

Unha vez feita a reserva de praza, o interesado ou interesada recibirá no seu correo electrónico a folla de inscrición cos seus datos e as instrucións correspondentes para o pagamento e a presentación da documentación.

Renuncia de praza:

exclamacion

Unha vez formalizada a inscrición nun campo de traballo, se por algún motivo non suxeito á devolución da cota, che xurdira un imprevisto que che impide participar nese campo, solicitámosche que nos comuniques a renuncia á praza o máis axiña posible para liberar a praza e facilitar, así, a participación doutro/a voluntario/a.

O correo electrónico para comunicarnos a renuncia é: camposdetraballo.xuventude@xunta.gal indicándonos nel o teu DNI e o codigo ou nome do campo de traballo ao que renuncias.

DOCUMENTACIÓN:

  1. Follas de inscrición debidamente cubertas e asinadas. 
  2. Xustificante (orixinal) de pagamento da cota no que figure: nome do/da participante, código, nome e data do campo.
  3. Fotocopia do DNI (só no caso de non dar autorización expresa para a comprobación telemática do DNI segundo o Decreto 225/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización dos medios electrónicos e a Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve).

IMPORTANTE:

exclamacion

A cota extra deberase aboar á chegada ao propio campo. A carta de motivación débese remitir a svi@injuve.es, condición previa para recibir a confirmación da praza.

Unha vez remitida toda a documentación máis a carta de motivación, naqueles casos que sexa requisito, considérase confirmada a praza no memento que o comunica o INJUVE a través de correo electrónico. Por elo, non se recomenda comprar os pasaxes necesarios para desprazarse ata recibir esta confirmación.

Prazas:

Consulta aqui o listado de prazas vacantes ofertadas en 2ª convocatoria.

Amplía información e consulta dende aqui as fichas de cada campo de traballo internacionais

Cando o campo de traballo internacional o requira, a carta de motivación hai que remitila ao seguinte enderezo: svi@injuve.es