É unha ETS bacteriana "non histórica", é dicir, que se coñece desde tempos recentes. Produce problemas semellantes aos das chlamidias e os gonococos, e moitos expertos cren que as supera en frecuencia.
Os xermes máis frecuentes desta "familia" son o Mycoplasma hominis, o Mycoplasma urealyticum e o Mycoplasma genitalis.
Como moitos casos poden pasar tempo desapercibidos, os homes infectados actúan como reservorios dos xermes, espallándoos polas relacións sen protección que teñan antes do diagnóstico e da cura con antibióticos.