• 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13

Novas e actividades

  1. Destacadas
  2. Actividades

Formación

  1. Cursos da DXXPV
  2. Cursos de Tempo Libre
  3. Outros cursos

Bolsas e axudas

  1. Convocatoria xeral
  2. Idiomas
  3. Formación práctica
  4. Mobilidade
  5. Outras

Premios e concursos

  1. Premios e concursos
  2. Exposicións, certames e concertos

A clamidiase é producida pola Chlamydia trachomatis, a bacteria máis contaxiada sexualmente tanto entre persoas adultas coma entre adolescentes. É un xerme exclusivamente humano.

A maioría das persoas afectadas son mulleres menores de 25 anos e é máis frecuente aínda se teñen menos de 20 (adolescentes).

Ten un período de incubación, tarda en manifestarse entre 10 e 16 días e, dependendo da variedade, causarán diferentes infeccións:

  • Uretrite, cervicite, enfermidade inflamatoria pélvica, perihepatite, síndrome de Reiter (infección combinada da uretra, conxuntiva dos ollos, articulacións e pel).
  • Linfogranuloma venéreo.

As infeccións e os seus síntomas poden ser comúns a ambos os dous sexos, ou ben ser diferentes.

Nos homes poden afectar á uretra (uretrite), producindo supuración branca ou clara e dor ao mexar. Entre o 35 e o 60% de todas as uretrites son producidas por chlamidias e, ás veces, non dá síntoma ningún.
  • Tamén producen a maioría dos casos de epididimite (inflamación dos canos do seme) en menores de 35 anos, con dor dos testículos, inchazón ou febre.
  • Con menor frecuencia haberá prostatite (infección da próstata) ou a síndrome de Reiter.

Nas mulleres os síntomas son menos específicos, pero con consecuencias máis graves: cervicite; uretrite; bartholinite; perihepatite (inflamación da cápsula que envolve o fígado); transmisión do recén nacido ao parir, casos que van dunha conxuntivite atá a morte, nunha terceira parte das afectadas.

  • A enfermidade inflamatoria pélvica comeza con síntomas leves, que se van agravando até ser intensos: dor abdominal; dor interna no coito vaxinal; inchazón do ventre que se confunde con "gases". Cómpre non esquecer que é causa de esterilidade e xestacións extra-uterinas (ectópicas) e que xera moitos ingresos hospitalarios.
  • Infeccións comúns a ambos os dous sexos: na farixe e no corazón, aínda que isto último é máis raro.

Unha vez diagnosticada, hai que tratar con antibióticos, tanto a persoa infectada, coma as parellas sexuais dos 60 días anteriores, aínda que non teñan síntomas, o que ocorre no 50% dos casos.

A clamidiase é causa de esterilidade e de moitas xestacións extrauterinas.