• 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13

Novas e actividades

  1. Destacadas
  2. Actividades

Formación

  1. Cursos da DXXPV
  2. Cursos de Tempo Libre
  3. Outros cursos

Bolsas e axudas

  1. Convocatoria xeral
  2. Idiomas
  3. Formación práctica
  4. Mobilidade
  5. Outras

Premios e concursos

  1. Premios e concursos
  2. Exposicións, certames e concertos

Está causada pola bacteria Neisseria gonorrhoede. O ser humano é o seu único hóspede natural. Tamén é coñecida cos nomes de gonorrea, blenorraxia e purgacións.

Transmítese por contacto sexual (vaxinal, anal ou oral):

  • No coito vaxinal, o transmisión de home a muller vai do 50 ao 90%, por contra, de muller a home é do 20%.
  • No coito anal, o risco de transmisión é moi alto.
  • Polas prácticas buco-xenitais, poden infectarse a gorxa e a boca.
  • A gonococia vai acompañada de infección por clamídeas en moitos casos.

As alteracións orgánicas que produce, e os seus síntomas, poden ser comúns a homes e mulleres, ou moi diferentes cando afectan os xenitais:

  • A infección gonocócica no home produce unha uretrite (inflamación da mucosa da uretra), entre 2 e 6 días despois do contacto, con secreción de pus (a "purgación") e dor ao mexar. Se non se fai o tratamento antibiótico axeitado, que é ben sinxelo, irase complicando con inflamacións nos testículos, na próstata, e noutros lugares da área xenito-urinaria.
  • Na muller, a infección aparecerá aos 10 días, con uretrite e cervicite (inflamación do colo uterino) que producirán secreción purulenta na vaxina e dor ao mexar. A complicación xenital máis grave é a enfermidade inflamatoria pélvica (infección das trompas de Falopio, ovarios e tecidos viciños) que, á súa vez, pode causar esterilidade e xestación ectópica (fóra da matriz: nunha trompa de Falopio ou no ovario). Tamén poden inflamarse a matriz (endometrite), as glándulas de moco da vaxina (bartholinite) e mesmo chegar ao fígado (perihepatite).

A infección do recto (proctite) en ambos os dous sexos notaráse por proído anal, dor rectal, moco nas feces, sangrados e constipado intestinal.

Por mor do sexo oral coa persoa enferma (moitas veces non se nota) haberá inflamación da gorxa (farinxite gonocócica), que se produce entre 3 e 7 días despois da relación.

Finalmente, a gonococia diseminada (por todo o corpo) dará febre, artrite (inflamación das articulacións), dermatite (inflamacións da pel) e mesmo casos de meninxite ou endocardite (inflamación no corazón).