A sífile é producida polo Treponema pallidum; a especie humana é o único hóspede natural. Máis frecuente nos homes, aínda que está en franco retroceso. A frecuencia aumenta en persoas infectadas polo VIH. Pode contaxiarse de varias formas: na relación sexual (vaxinal, anal ou bucal); de nai a fillo; ou por transfusión de sangue fresco. A transmisión sexual é polo contacto directo cunha úlcera sifilítica.
A sífile pode chegar a ter tres fases: sífile primaria, sífile secundaria e sífile tardía:
Sífile primariaTras o transmisión das bacterias ao tocar na chaga da persoa infectada, sairá nese ponto (pel ou mucosa) outra úlcera, chamada chancro sifilítico. O período de incubación é de 9 a 90 días. Iníciase como un vultiño (pápula) que logo forma o chancro. Este ten o bordo duro, secreta pus e, moi importante, non doe, nin molesta. Haberá tamén un ganglio inflamado, perto do chancro.
O chancro cura ás 4 ou 6 semanas pero a enfermidade avanzará o mesmo, se non se trata.
Sífile secundaria
Se non se trata e non se cura na 1ª fase, ás 6 ou 8 semanas do transmisión aparece unha erupción de manchas rosadas e simétricas por todo o corpo, a roséola sifilítica, mesmo nas palmas das mans e nas prantas dos pés, que non dan proído.
Hai moitos ganglios inflamados, calvas e vultos planos na pel.
Sífile tardía
Cando non houbo tratamento nas fases previas, pode aparecer entre 2 e 10 anos logo do transmisión. Haberá serios danos nos sistemas nervioso, cardio-vascular e ósteo-articular. O tratamento é con antibióticos, sobre todo con penicilina. É moi doada de sandar cando o diagnóstico se fai axiña, durante a sífile primaria.