Certame galego de Creadores Novos, Xuventude Crea 2019
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda, cociña e danza moderna.
Se queres participar, aquí podes revisar as bases do certame.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 30 de agosto de 2019.
A quen vai dirixido?
Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2018.
Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, graffiti, cociña e danza moderna, a participación será sempre a título individual.
Máis información:
981541689 /981545702
xuventudecrea.cps@xunta.gal
A autoría do cartel é da Asociación Amicos
Histórico de Premios
Máis información e consultas:
Teléfono: 981 544 645 e 981 544 854 , e-mail: xuventude@xunta.es



































































































































































































































































